Recoñecemento Alumni-Uvigo Honorífico 7 de xul. de 2023

Visto 12 veces

Recoñecemento Alumni-Uvigo Honorífico

Acto de entrega dos II Premios Alumni UVigo cos que a Universidade de Vigo recoñece o labor persoal e profesional de persoas que integran a comunidade de antigos estudantes, ao tempo que se pretende incentivar a relación da institución cos seus egresados e egresadas.

O acto foi dirixido por Susana Rodriguez Barcia, e contou coa participación, entre outros, do alcalde de Vigo, Abel Caballero, que recibiu o premio Alumni-UVigo Distinguido, e a catedrática África González, galardoada co recoñecemento Alumni-UVigo Honorífico.

Entregaronse galardóns en cinco categorías -emprendemento, humanidades, impacto social, investigación e traxectoria profesional- e cada unha das persoas premiadas recibiu un pequeno agasallo e un diploma acreditativo co que a institución e, en particular a súa comunidade alumni, quere simbolizar o recoñecemento da súa achega á sociedade.

Fonte: DUVI

Presenta: Susana Rodríguez Barcia
Profesora na Facultade de Filoloxía e Tradución, Universidade de Vigo
Ernesto Pedrosa
Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo
África González
Directora del Centro De Investigaciones Biomédicas (CINBIO), Universidade de Vigo