Presentación da xornada 29 de set. de 2023

Visto 25 veces

Presentación da xornada

Unha sesión formativa aberta a toda a comunidade universitaria cuxo obxectivo é identificar as pautas para seguir para integrar a análise de sexo/xénero nos proxectos de investigación do ámbito tecnolóxico e industrial, que poida axudar ao persoal investigador incrementando os seus coñecementos en materia de igualdade para unha posterior aplicación práctica nas súas futuras propostas tanto europeas como de ámbito nacional.

As expertas Lorena Fernández Álvarez e María López Belloso, da Universidade de Deusto, realizaro dous relatorios sobre a materia e, a continuación, tivo lugar una unha mesa de traballo na que participou a vicerreitora de investigación, transferencia e innovación, Belén Rubio Armesto, a directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, Águeda Gómez Suárez, a profesora da Universidade de Vigo, Iria Vázquez Silva, e á que se incorporou tamén Lorena Fernández Álvarez. A directora de CINTECX, Concepción Paz Penín, moderou a mesa.
Fonte: DUVI

Presenta: Concepción Paz Penín
Directora do CINTECX - Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais, Universidade de Vigo