Quenda de cuestións: Conversas #emprender [T1E3] Serrano+López-Valeiras: control de xestión, analítica de persoas e saúde mental 7 de feb. de 2024

Visto 23 veces

Quenda de cuestións: Conversas #emprender [T1E3] Serrano+López-Valeiras: control de xestión, analítica de persoas e saúde mental

Conversas #emprender é un ciclo de conferencias-coloquio que ten como obxectivo promover a divulgación científca, o emprendemento e a cultura empresarial da cidadanía e por en valor a importancia da investigación en economía e empresa. Na Conversa un investigador comparte o escenario cun profesional relacionado co emprendemento, sendo os temas elixidos de interese xeral, abordando asuntosde actualidade relacionados co mundo da empresa e a súa conexión coa sociedade e o medio ambiente. Este formato fomenta o debate e a crítica de novos coñecementos, ideas e opinións entre amplos colectivos sociais.
Nesta sesión, celebrada o 7 de febreiro de 2024, participaron Javier Serrano, CEO de Mentiness, e Ernesto López Valeiras, investigador en Control de Xestión na Universidade de Vigo, sendo Diego Toubes, profesor de Dirección Estratéxica tamén na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, o moderador da sesión. Ademais de aspectos relacionados co emprendemento, na conversa abordáronse temas relacionados coa xestión de estrés na empresa, o control de xestión, a analítica de persoas, a saúde mental e os achados da investigación nestes campos.

Colaboraron na organización da Conversa:
Fernández Crespo, Estefanía
Martínez Da Cuña, Laura
Fariñas Lage, Paula

i18n.one.Series: Conversas #Emprender
Presenta: Diego Rodríguez-Toubes Muñiz
Departamento de Organización de Empresas e Marketing, Universidade de Vigo
Javier Serrano
CEO e fundador, Mentiness
Ernesto López-Valeiras
Investigador en Contabilidade e Control de Xestión, Universidade de Vigo