Quenda de preguntas: Conversas #emprender [T2E2] Laura Gómez + Julio Sotomayor e Daniel Guzmán 19 de feb. de 2025
Quenda de preguntas: Conversas #emprender [T2E2] Laura Gómez + Julio Sotomayor e Daniel Guzmán
Conversas #emprendemento é un ciclo de conferencias-coloquio que ten como obxectivo promover a divulgación científca, o emprendemento e a cultura empresarial da cidadanía e por en valor a importancia da investigación en economía e empresa. Na Conversa un investigador comparte o escenario cun profesional relacionado co emprendemento, sendo os temas elixidos de interese xeral, abordando asuntosde actualidade relacionados co mundo da empresa e a súa conexión coa sociedade e o medio ambiente. Este formato fomenta o debate e a crítica de novos coñecementos, ideas e opinións entre amplos colectivos sociais. Estas Conversas #emprendemento forman parte das actividades de Meta, programa de mentoría da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo, e nelas colaboran, ademais da propia facultade, Startup Galicia e AFFE.
Nesta sesión, celebrada o 19 de febreiro de 2025, participaron Laura Gómez, profesora da Universidad Pablo de Olavide de Sevilla, e Julio Sotomayor e Daniel Guzmán, fundadores do Restaurante Nova. Ernesto López-Valeiras, profesor de Contabilidade na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, foi o moderador da sesión. Ademais de aspectos relacionados co emprendemento, na conversa abordáronse temas relacionados co control de xestión en pemes, incentivos, xestión do traballo en equipo, e fraude interno.
Presenta: Ernesto López-Valeiras
Departamento de Economía Financeira e Contabilidade, Universidade de Vigo
Emprendedores: Julio Sotomayor e Daniel Guzmán
Co-fundadores de Restaurante Nova
Investigadora: Laura Gómez
Investigadora especializada en control de xestión, Universidad Pablo de Olavide de Sevilla
#educación para emprender
#Estrella Michelin
#control de xestión en pemes
#deseño e consecuencias de incentivos
#fraude interno
#control interno
Coordinación da serie Conversas #emprendemento:
Ernesto López-Valeiras
Diego Rodríguez-Toubes