Quenda de cuestións: Conversas #emprender [T1E4] Óscar de Miguel + Loreto Fernández: ecosistema emprendedor, educación financeira e financiación startups 21 de feb. de 2024

Visto 10 veces

Quenda de cuestións: Conversas #emprender [T1E4] Óscar de Miguel + Loreto Fernández: ecosistema emprendedor, educación financeira e financiación startups

Conversas #emprender é un ciclo de conferencias-coloquio que ten como obxectivo
promover a divulgación científca, o emprendemento e a cultura empresarial da cidadanía e
por en valor a importancia da investigación en economía e empresa. Na Conversa un
investigador comparte o escenario cun profesional relacionado co emprendemento, sendo os
temas elixidos de interese xeral, abordando asuntosde actualidade relacionados co mundo da
empresa e a súa conexión coa sociedade e o medio ambiente. Este formato fomenta o
debate e a crítica de novos coñecementos, ideas e opinións entre amplos colectivos sociais.
Estas Conversas #emprendemento forman parte das actividades de meta, programa de
mentoría da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo, e nelas
colaboran, ademais da propia facultade, Startup Galicia e AFFE.
Nesta sesión, celebrada o 21 de febreiro de 2024, participaron Loreto Fenández,
investigadora especializada en xestión financeira de proxectos emprendedores da
Universidade de Santiago de Compostela, e Óscar de Miguel, emprendedor e Co-fundador de
Diariomotor. Ernesto López-Valeiras, profesor de Contabilidade na Facultade de Ciencias
Empresariais e Turismo, foi o moderador da sesión. Ademais de aspectos relacionados co
emprendemento, na conversa abordáronse temas relacionados coa educación para
emprender, educación financiera para o emprendedor, fontes definanciamento, o proceso de
financiación dunha startup, competencias financeiras do emprendedor ou o proceso de 'exit'

#educación para emprender
#educación financiera para o emprendedor
#fontes definanciamento
#proceso de financiación dunha startup
#competencias financeiras do emprendedor
#proceso de 'exit' nunha startup

Coordinación da serie Conversas #emprendemento:
Ernesto López-Valeiras
Diego Rodríguez-Toubes
Colaboraron na organización da Conversa:
Fernández Crespo, Estefanía
Martínez Da Cuña, Laura
Fariñas Lage, Paula

i18n.one.Series: Conversas #Emprender
Presenta: Ernesto López-Valeiras
Departamento de Economía Financeira e Contabilidade, Universidade de Vigo
Óscar de Miguel
Co-fundador de Diariomotor
Loreto Fernández
Investigadora especializada en xestión financeira de proxectos emprendedores, Universidade de Santiago de Compostela