Apertura da Semana das linguas, as literaturas e a tradución. 23 de set. de 2024
Apertura da Semana das linguas, as literaturas e a tradución.
Neste mes de setembro dáse a feliz coincidencia de que se celebran o Día das linguas de signos (23 de setembro), o Día europeo das linguas (26 de setembro) e o Día internacional da tradución (30 de setembro). Parecíanos que dende unha universidade pública debiamos de contribuír a darlle relevancia a estas conmemoracións sobre uns elementos tan imprescindibles na vida cotiá como as linguas e a comunicación interlingüística. Por unha banda, estas efemérides son unha boa oportunidade para trasladarlle á sociedade o labor que desenvolvemos na facultade e a súa relevancia para a vida diaria, xa que a diversidade cultural, a comunicación e a tradución forman parte da realidade na que vivimos; pola outra, as actividades queren ofrecerlle ao alumnado da nosa facultade perspectivas complementarias aos contidos académicos que reciben en clase.
Máis información en semanallt.uvigo.gal