Ao redor da tradución de manga: aspectos profesionais e tradutolóxicos 30 de set. de 2024

Visto 18 veces

Ao redor da tradución de manga: aspectos profesionais e tradutolóxicos

Conferencia

A publicación de manga no Estado español experimentou nos últimos tempos un notábel crecemento, tanto polo volume de obras editadas coma pola cantidade de editoriais e a diversidade de títulos e xéneros. A partir da súa experiencia profesional, o tradutor galego Gabriel Álvarez Martínez achega a súa visión do sector e debulla os diferentes aspectos e desafíos lingüísticos e culturais que comporta a tradución de manga do xaponés ao español.

Profesor do Departamento de Tradución e lingüística, Universidade de Vigo
Gabriel Álvarez Martínez
Ex-alumno da FFT, doutor en Tradución e tradutor profesional desde o xaponés