Presentación e apertura institucional 14 de nov. de 2024

Visto 5 veces

Presentación e apertura institucional

A baixa presenza e participación das mulleres nas actividades, carreiras e sectores tecnóloxicos supón un enorme risco para un futuro que se vai construir cada vez máis ó redor destes ámbitos. A fenda de xénero no ecosistema dixital precisa dunha multiplicidade de análise e abordaxes que nos permitan detectar onde e como se producen os rumbos e que nos ofrezan ferramentas para exercer un activismo dixital que contribúa a corrixir desigualdades. Este ano as intervencións analizaron a aparición de prexuízos de xénero nas producións xeradas por Intelixencia Artificial ao redor dos ámbitos STEM e alertaron sobre a necesidade de involucrarnos na creación de contidos dixitais feministas para combater as brechas de coñecemento.

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor, Universidade de Vigo
Eva María Lantarón Caeiro
Vicerreitora do Campus de Pontevedra, Universidade de Vigo
Emma Torres Romay
Decana da Facultade da Comunicación, Universidade de Vigo
Águeda Gómez Suárez
Directora da Unidade de Igualdade, Universidade de Vigo.