Redución da contaminación marítima 28 de nov. de 2025

Visto 13 veces

Redución da contaminación marítima

Un dos principais problemas actuais é a contaminación ambiental, sobre todo en mares e praias de cidades costeiras. A pesar dos esforzos, a implicación cidadá e institucional para mellorar a saúde ambiental segue sendo mínima.
A partir dos resultados obtidos nas enquisas realizadas podemos observar que hai tres focos principais do problema: un limitado coñecemento social achega do impacto real que a contaminación marítima xera na calidade de vida das zonas costeiras, unha escasa implicación cidadá en accións e actividades orientadas á conservación e protección do medio
ambiente, e por último, unha gran falta de formación e hábitos adecuados de reciclaxe, o cal dificulta a adopción de condutas sostibles.
Como resposta a esta adversidade, xorde o proxecto de Escudo Mariño con dous obxectivos principais. Por unha banda, levar a cabo unha campaña de educación ambiental orientada a incrementar o coñecemento social sobre a contaminación marítima e fomentar a adopción de condutas responsables. Doutra banda, exponse o deseño de *recolectores flotantes que aproveitan
as correntes naturais para capturar residuos superficiais sen necesidade de consumo enerxético, contribuíndo así a unha limpeza eficiente e sostible da contorna mariña.
Este sistema combina unha innovación tecnolóxica coa participación da sociedade para promover un cambio real nos hábitos dos cidadáns co obxectivo de protexer os ecosistemas costeiros e fortalecer a conciencia ambiental da poboación.

Albán Martínez, Cristina
Estudante, Universidade de Vigo
Cereijo Menduiña, Samuel
Estudante, Universidade de Vigo
González Pereira, Gabriel
Estudante, Universidade de Vigo
Aymerich, Alberto
Estudante, Universidade de Vigo
Fernández-couto Goicoechea, Borja
Estudante, Universidade de Vigo
Fernández-couto Goicoechea, David
Estudante, Universidade de Vigo
Filich, Natalia Joanna
Estudante, Universidade de Vigo
Lasarte Fernández, Marta
Estudante, Universidade de Vigo
Vávra, Filip
Estudante, Universidade de Vigo