Inauguración do XXV Congreso de Traballos Colaborativos 28 de nov. de 2025

Visto 16 veces

Inauguración do XXV Congreso de Traballos Colaborativos

Ao longo destes anos, o CTC consolidouse como un espazo privilexiado onde estudantes de diferentes graos comparten ideas, coñecementos e propostas orientadas a mellorar a nosa contorna. Nesta edición, centrada na procura de solucións para os retos sociais contemporáneos, celebramos non só a creatividade e o esforzo dos nosos alumnos, senón tamén a súa sensibilidade e responsabilidade como futuros profesionais.

O traballo colaborativo, eixo vertebrador deste congreso, segue demostrando o seu valor como ferramenta para afrontar problemas complexos desde múltiples perspectivas. A diversidade de enfoques, disciplinas e experiencias enriquece cada proxecto presentado e fortalece as competencias que demanda a sociedade do século XXI.

José Fariña Rodríguez
Director da Escola de Enxeñería Industrial, Universidade de Vigo
José Antonio Alonso Rodríguez
Coordinador do XIX CTC, Universidade de Vigo
Lucía Díaz Vilariño
Profesora do Grao de Enxeñería en Organización Industrial, Universidadede Vigo
Diego Campos Juanatey
Arquitecto, Universidade de Vigo
Xanel Vecino Bello
Investigadora. Departamento de Ingeniería Química, Universidade de Vigo