Neurovida 28 de nov. de 2025
Neurovida
O obxectivo consiste en desenvolver NeuroVida, un dispositivo multisensorial doméstico deseñado para mellorar a estimulación cognitiva de persoas con Alzheimer mediante estímulos personalizados, accesibles e significativos para a súa historia de vida, facilitando o traballo de coidadores e mellorando a calidade de vida do paciente.
Realizáronse enquisas e entrevistas a coidadores para identificar barreiras actuais no acceso a terapias cognitivas. A partir destes datos, deseñouse un prototipo conceptual composto por un sistema modular capaz de emitir estímulos de luz, son, aromas e texturas, cunha interface simple mediante botóns grandes e configuracións xestionadas por móbil ou dispositivo
intelixente vía USB ou Bluetooth.
Identificáronse tres problemas crave: alto custo de terapias, complexidade tecnolóxica e falta de personalización. NeuroVida aborda estas dificultades combinando estimulación multisensorial personalizable con facilidade de uso no fogar. Os estímulos asociáronse a beneficios terapéuticos: aromas como activadores autobiográficos, son como recuperación de recordos afectivos, luz como guía de atención e temporalidade, e texturas como elemento calmante.
NeuroVida constitúe unha solución viable, accesible e centrada no usuario, con potencial de implementación doméstica e futura validación mediante prototipos e probas con usuarios reais. Espérase unha maior participación do paciente, redución de ansiedade e menor carga operativa para o coidador.
