A NON ergonomía na Uvigo 28 de nov. de 2025
A NON ergonomía na Uvigo
Este estudo céntrase na análise da percepción do alumnado da Universidade de Vigo sobre a comodidade e funcionalidade do mobiliario nas súas aulas, con especial énfase nas cadeiras tipo pa, moi presentes na maioría de facultades. O obxectivo principal foi determinar se a falta de ergonomía é un problema xeneralizado e se pode realmente afectar ou non no rendemento dos estudantes. Para iso realizouse unha enquisa que obtivo máis de 200 respostas de estudantes de diferentes facultades. Os resultados evidencian un problema claro xa que case o 75% dos estudantes cualifica as cadeiras como incómodas ou moi incómodas, non permitindo estas manter unha postura adecuada e ademais provocando molestias frecuentes nas costas, pescozo ou pernas.
As propostas de mellora máis frecuentes solicitadas pola inmensa maioría dos enquisados inclúen cadeiras regulables tanto en distancia á mesa como en altura e tamén o acolchamiento destas e a incorporación de respaldos máis adecuados para unha boa postura vertical. Ademais, para tamén unha gran parte dos alumnos é incómodo o feito de que estás cadeiras están fixas ao chan, impedindo isto a mobilidade dos alumnos.
En conclusión, a falta de ergonomía impacta negativamente na saúde postural dos estudantes así como na súa concentración e por tanto tamén no seu rendemento. Todo isto serve para corroborar que é necesario melloraríaa das aulas e no seu mobiliario
