Minutos que unen 28 de nov. de 2025
Minutos que unen
O obxectivo é desenvolver unha plataforma colaborativa capaz de unificar a axuda cidadá e mellorar a coordinación entre persoas, entidades caritativas e institucións públicas de Vigo, reducindo a descentralización da axuda, a falta de conexión e a soidade que conciernen á sociedade.
O estudo, baseado en Design Thinking na Universidade de Vigo, usou enquisas e entrevistas a adultos entre o 25 de outubro e o 2 de novembro para analizar necesidades cidadás. Detectou problemas de coordinación en plans, falta de confianza en redes e escasas oportunidades de participación, definindo variables como motivación solidaria, seguridade e acompañamento.
A partir do diagnóstico, deseñouse Minutos que Unen, unha aplicación que integra cidadanía, ONG, asociacións veciñais, centros educativos e ao Concello de Vigo nun único sistema a nivel local. A proposta inclúe verificación segura de perfís na rede, xestión centralizada de voluntariado, mapa de recursos sociais e sistemas de reputación. Destaca o seu valor innovador como
rede de redes, mellorando o acceso á axuda e xerando unha comunidade de confianza.
Minutos que Unen constitúe unha infraestrutura social que conecta actores previamente illados e fortalece o tecido comunitario de Vigo, mellorando a participación cidadá e asegurando unha contorna de colaboración segura, accesible e escalable a outras cidades.
