Acto de inauguración do XXVI Foro Tecnolóxico de Emprego 24 de feb. de 2026

Visto 21 veces

Acto de inauguración do XXVI Foro Tecnolóxico de Emprego

No acto de apertura todo foron parabéns: do reitor, Manuel Reigosa; dos responsables das súas escolas-Elena Alonso, de Enxeñaría de Minas e Enerxía; José Fariña, de Enxeñaría Industrial, e Rebeca Díaz, da EE de Telecomunicación-; do alcalde, Abel Caballero; da delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño.

Todas e todos lles deron os seus parabéns porque, tal e como apuntou o reitor, “cada ano cando marchamos do foro pensamos que algo que xa está tan pulido e que ten tanto éxito non pode mellorarse, pero, de novo fixéstelo”. Neste aspecto, fixo tamén fincapé a directora da EET, que exerceu como anfitrioa, remarcando a importancia do “excelente labor” de transmisión de coñecemento que realizan dunha a outra xeración, “de maneira que, entre todos, se está a conseguir algo cada vez mellor”.

De cara ao futuro formuláronlle novos retos e, neste aspecto, foi no que se centrou o alcalde, Abel Caballero, que os animou a pór todo o seu talento ao servizo da sociedade. “Vós sodes os que vos ides encargar dos grandes desenvolvementos tecnolóxicos e tendes que ser quen de conseguir que todo isto repercuta no conxunto da sociedade, que se traduza en avances sociais”, insistiulles o rexedor vigués.

Pola súa banda, a delegada da Xunta en Vigo, non dubidou en referirse a este encontro como o “foro universitario máis relevante da nosa comunidade e un dos máis destacados de toda España” e, nesta liña, non dubidou en comprometer o apoio da Xunta a este iniciativa. “Nestes dous días miles de estudantes atopádesvos cara a cara con empresas líderes que veñen aquí á busca do que máis necesitan: a vosa innovación, a vosa enerxía e a vosa capacidade de transformar o futuro”, subliñoulles Ortiz, referíndose ao foro como “o primeiro paso real cara o mundo profesional”.
Fonte: DUVI

Reitor, Universidade de Vigo
Abel Caballero Álvarez
Alcalde, Concello de Vigo
Rebeca Pilar Díaz Redondo
Directora da Escola de Enxeñería de Telecomunicación, Universidade de Vigo
José Fariña Rodríguez
Director da Escola de Enxeñería Industrial, Universidade de Vigo
Juan Pontón Rodríguez
Coordinador Xeral Foro, Universidade de Vigo
Elena Alonso Prieto
Directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía , Universidade de Vigo
Ana Ortiz Álvarez
Delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo
Marta Mariño
Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social. Xunta de Galicia

Vídeos da mesma serie
XXVI Foro Tecnolóxico de Emprego
25 anos de iniciativa estudantil cunha idea moi clara: conectar o talento universitario coas empresas do sector tecnolóxico e industrial
27 de feb. de 2026
Mesa redonda. Expectativas vs. Realidade
O Novo Escenario para o Enxeñeiro Junior
26 de feb. de 2026