Presentación de Isabel Rueda Molíns 16 de out. de 2013
Presentación de Isabel Rueda Molíns
O coñecemento é o principal activo das sociedades máis avanzadas do mundo. As organizacións necesitan estratexias axeitadas que permitan xenerar riqueza e achegar estes resultados á cidadanía. O camiño vai dende a identificación dos activos que teñen potencial, pasando pola protección industrial e a valorización, para finalmente chegar á sociedade. Co obxecto de dar a coñecer diversos aspectos da Propiedade Industrial, como paso previo para a súa posta en valor, a Universidade de Vigo, a través da OTRI, organiza en colaboración coa Oficina Europea de Patentes (EPO) e a Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM) a presente xornada divulgativa, dirixido aos investigadores, empresarios e alumnado en xeral.