CINBIO, Centro Singular de Investigación de Galicia 2016-2019 21 de abr. de 2017

Visto 35601 veces

CINBIO, Centro Singular de Investigación de Galicia 2016-2019

O centro de investigacións CINBIO é un espazo formado por máis de 200 persoas: profesores/as, doutores/as, estudantes de doutoramento e técnicos/as de laboratorio. Unha aposta da Universidade de Vigo para desenvolver o ámbito biomédico e biotecnolóxico cun elemento diferencial respecto doutros centros de similares características: a súa multidisciplinariedade. Contamos con investigadores e investigadoras do máis alto nivel en varias disciplinas: medicina, bioloxía, química, física, matemáticas e informática. O noso persoal investigador traballa arredor de catro grandes áreas de investigación relacionadas coa biomedicina e coa biotecnoloxía: medicina molecular, nutrición e benestar, nanomateriais e bioestatística e informática para a saúde.


Materiais