Presentación .gal. Intervención Manuel González 27 de nov. de 2014

Visto 1450 veces

Presentación .gal. Intervención Manuel González

Ás 93 entidades da fase Pioneiros que estrearon dominio .gal o 25 de xullo, uniránselles a vindeira semana arredor de 850 máis con apelido galego en internet. As primeiras fases desta iniciativa pecharanse así con preto de 1000 páxinas co .gal que estarán activas desde o 2 de decembro. Ese mesmo día arrancou tamén a Fase Aberta, á que se poderán adherir tanto empresas como institucións e particulares, espallando así o dominio galego a toda a sociedade. Estes datos foron feitos públicos este xoves na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación polo reitor, Salustiano Mato, a directora do centro e directora xeral da Asociación PuntoGAL e Manuel González, presidente da mesma. Edita de Lorenzo explicou que a resposta obtida na segunda fase, con preto de 850 solicitudes, “cumpre as nosas expectativas e reflicte o interese tanto de empresas internacionais como Google ou Facebook, como de empresas galegas, administracións públicas e mesmo particulares que teñen web propia”. E é que esta fase estivo deseñada para grupos con dereitos preferentes como, por exemplo, as entidades que promoven o galego, administracións públicas ou propietarios de marcas rexistradas que puideron solicitar o dominio .gal para as mesmas.

Manuel González
Presidente da asociación PuntoGal