Mensaxe Moncho Borrajo 31 de xan. de 2013

Visto 1456 veces

Mensaxe Moncho Borrajo

Captar fondos para a operación que Senén precisa. Este é o obxectivo da gala benéfica Axuda a Senén a operarse para poder camiñar. Rubén Riós, Eladio Santos, Mago Marco, Woyza ou os televisivos Hugo y Yhadira son algúns dos nomes dos artistas galegos que se uniron xa a esta iniciativa solidaria que se está a organizar dende a Facultade de Filoloxía e Tradución, centro no que estuda Senén e no que se puxo en marcha unha plataforma na que persoal, alumnado e docentes están a poñer “toda a carne no asador” para que todo saia á perfección e se recade unha cifra económica que achegue a Senén ao seu soño “unha ilusión que xa é de todos”

Moncho Borrajo
Showman
Organiza: Facultad de Filologia y Traducción
Universidade de Vigo