Acto de toma de posesión do novo reitor da Universidade de Vigo 8 de xuño de 2018

Visto 1122 veces

Acto de toma de posesión do novo reitor da Universidade de Vigo

Un novo reitor para programar a Universidade do futuro

Manuel Reigosa Roger convértese no sexto reitor da Universidade de Vigo co obxectivo de “que os moitos sorrisos que miro estes días polo campus os siga mirando dentro de catro anos”. Así remataba o seu discurso de toma de posesión, no que agradeceu os apoios recibidos, así como o traballo do seu equipo de goberno e mesmo a “campaña limpa e nobre realizada por Emilio Fernández”. O discurso do reitor, no que avanzou algunhas das súas liñas estratéxicas de traballo para os próximos anos, sucedeu ao pronunciado por Salustiano Mato que asegurou marchar “coa sensación do deber cumprido e coa ledicia de ver á Universidade situada nos eidos máis salientables do ámbito nacional e internacional”. Mato, que agradeceu o traballo desenvolvido polo seu equipo, polo PAS e o PDI e por diferentes institucións, ofreceuse a axudar ao seu sucesor e marchar “coa Universidade de Vigo na cabeza e no corazón”.

Presidente, Xunta de Galicia
Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor, Universidade de Vigo
Reitor, Universidade de Vigo
Secretario xeral, Universidade de Vigo
Vicerreitor de Planificación e Sostibilidade, Universidade de Vigo
Vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Universidade de Vigo
Vicerrector de Economía, Universidade de Vigo
Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Universidade de Vigo
Vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado, Universidade de Vigo
Vicerrectora de Transferencia, Universidade de Vigo
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Universidade de Vigo
Vicerrector de Internacionalización, Universidade de Vigo
Vicerreitora de Responsabilidade Social, Igualdade e Cooperación, Universidade de Vigo
Vicerreitora do Campus de Ourense, Universidade de Vigo
Vicerreitor do Campus de Pontevedra, Universidade de Vigo