LUME-1 permitirá o contacto permanente tanto cos sensores como cos avións non tripulados. “É un sistema de comunicación que estará en todo momento á disposición das autoridades encargadas da loita contra o fogo” 27/12/2018

Visto 20 veces

LUME-1 permitirá o contacto permanente tanto cos sensores como cos avións non tripulados. “É un sistema de comunicación que estará en todo momento á disposición das autoridades encargadas da loita contra o fogo”

Rolda de prensa lanzamento e posta en órbita do satélite da Universidade de Vigo, LUME-1

Asisten: Belén Rubio, vicerreitora de Investigación; Fernando Aguado, profesor e investigador responsable da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo e Diego Nodar, cofundador da empresa Alén Space, spin-off da Universidade de Vigo

O salón de graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación acolle a rolda de prensa para dar conta do lanzamento do satélite da Universidade de Vigo, LUME-1, que será posto en órbita este xoves 27 de decembro ás 03.07.18 horas (AM) a bordo dunha nave Soyuz que despegará da base espacial rusa de Vostochny, en Siberia. Inserirase en órbita ás 07.25.32 horas e o primeiro pase por Vigo está previsto para as 11.00 da mañá.

Vicerreitora de Investigación, Universidade de Vigo
Fernando Aguado
Xefe de Proxectos Aeroespaciais e Director do Grupo Aeroespacial, CINAE – UVigo