“Transvasar unha obra ambientada na posguerra en Galicia a unha lingua universal medio século despois supón un reto tradutolóxico que merece atención no ámbito académico" 17 de out. de 2019

Visto 12 veces

“Transvasar unha obra ambientada na posguerra en Galicia a unha lingua universal medio século despois supón un reto tradutolóxico que merece atención no ámbito académico"

Co título Vundita vento o filólogo vigués Jesús Moinhos acaba de publicar na editorial Espero -de Eslovaquia- a tradución a esperanto de Vento ferido (1967); a primeira obra de Carlos Casares (1941-2002). Esta tradución conta cun emotivo limiar de Håkan Casares Berg, fillo do autor, e cun estudo introdutorio de Iolanda Galanes, profesora do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo. Os tres participaronnunha mesa redonda na Facultade de Filoloxía e Tradución, un faladoiro ao que tamén se sumou Gustavo A. Garrido, secretario da Fundación Carlos Casares, e no que se afondou, cada un desde a súa propia perspectiva, no labor como tradutor dun dos autores máis polifacéticos da narrativa galega.

Presenta: Iolanda Galanes
Profesora do Departamento de Tradución e Lingüística, membro do grupo Bitraga, Universidade de Vigo
Gustavo A. Garrido
Secretario, Fundación Carlos Casares