Benvida e apertura do acto 17 de out. de 2019

Visto 25 veces

Benvida e apertura do acto

Co título Vundita vento o filólogo vigués Jesús Moinhos acaba de publicar na editorial Espero -de Eslovaquia- a tradución a esperanto de Vento ferido (1967); a primeira obra de Carlos Casares (1941-2002). Esta tradución conta cun emotivo limiar de Håkan Casares Berg, fillo do autor, e cun estudo introdutorio de Iolanda Galanes, profesora do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo. Os tres participaronnunha mesa redonda na Facultade de Filoloxía e Tradución, un faladoiro ao que tamén se sumou Gustavo A. Garrido, secretario da Fundación Carlos Casares, e no que se afondou, cada un desde a súa propia perspectiva, no labor como tradutor dun dos autores máis polifacéticos da narrativa galega.

Presenta: Luis Alonso Bacigalupe
Decano da Facultade de Filoloxía e Traducción, Universidade de Vigo
Håkan Casares Berg
Fillo do autor, Fundación Carlos Casares
Iolanda Galanes
Profesora do Departamento de Tradución e Lingüística, membro do grupo Bitraga, Universidade de Vigo
Jesús Moinhos Pardavila
Profesor e tradutor ó esperanto
Gustavo A. Garrido
Secretario, Fundación Carlos Casares