App para compartir coche "a última hora" para avanzar cara á sustentabilidade 5 de dec. de 2019
App para compartir coche "a última hora" para avanzar cara á sustentabilidade
Despois de case 4 anos de desprazamentos ao cuvi diariamente, vivimos todo tipo situacións posibles. Perda de buses, atrasos, avarías, atascos. Polo que decidimos buscar unha proposta para tratar de mellorar
a comunicación da Universidade de Vigo, en concreto o cuvi coa cidade de Vigo e arredores. Despois de realizar unha valoración das diferentes opcións enfocadas a mellorar a rede de comunicación, decidímonos
por desenvolver unha aplicación que permita compartir coche a miles de usuarios
A edición do 13º Congreso de Traballos Colaborativos, realízase na Escola DE Enxeñería Industrial de Vigo no Salón de Actos da súa sede de Torrecedeira. Neste congreso os alumnos optaron voluntariamente por temáticas de carácter social, nas que abordan problemas que van desde problema que afectan, aos nenos de cancro, aos que padecen a síndrome de Down, ata traballos que achegan solucións ao bullying, ou a problemas tan actuais como os microplásticos ou a reciclaxe