Presentación dos intervintes: O IoT, os datos e a intelixencia artificial como corazón na industria 4.0 29 de xan. de 2020

Visto 37 veces

Presentación dos intervintes: O IoT, os datos e a intelixencia artificial como corazón na industria 4.0

Como están a impactar as novas tendencias tecnolóxicas nas contornas industriais e na maneira de facer as cousas? Falamos de Cloud, de Bots, de Industrial IoT, de novos sensores, novos protocolos de comunicación, de servizos cognitivos aplicados á industria, de ata que punto a pirámide de automatización quedou obsoleta, de como o machine learning vai cambiar a maneira na que tomamos as decisións, e moitas cousas máis…

Durante o relatorio mostráronse varios exemplos prácticos das distintas disciplinas para entender o potencial destas tecnoloxías: Como conectar con IIoT varias plantas repartidas por todo o mundo. Como o Bot vai ser un dos interfaces ( HMI) do futuro, o recoñecemento de imaxes por vídeo para achegar valor aos procesos industriais, por exemplo, facendo as plantas máis seguras para os seus traballadores…
A fusión dos mundos IT & OT, perfís do futuro, novos actores que están a entrar con forza e grandes alianzas. E por suposto, falouse de cloud e datos. Os datos, unha fonte de poder para tomar decisións moito máis acertadas, ata xerar novos modelos.

Miguel Díaz-Cacho Medina
Docente de Redes da ESEI (Escola Superior de Enxeñería Informática) da Universidade de Vigo.
Juan Jesús Pardo
Director técnico e de negocio, TECDESOFT
Antía Fernández
Directora da área de sistemas intelixentes, Gradiant
Anxo Feijoo
General Manager , Ecomanagement Technology
Pablo Parrado
Responsable Ind. Automóbil, SIEMENS