02_jeustorres (cloned) 15 de dec. de 2021
02_jeustorres (cloned)
Primeira conferencia plenaria do Eixo n.º 1
O Congreso techLING2021-UVigo-T&P é un evento científico internacional dedicado ás sinerxias entre as linguas e o seu coñecemento científico, a lingüística, por unha banda, e as novas tecnoloxías dixitais, por outro, con especial incidencia no impacto das ferramentas tecnolóxicas na tradución e interpretación, o ensino e o tratamento de linguas. Está dirixido a profesorado, persoal investigador e estudantes de segundo e terceiro ciclo da área da lingüística aplicada á tradución e interpretación, o ensino e o tratamento informático de linguas: profesorado de linguas estranxeiras, profesionais da tradución, a interpretación, a revisión, a corrección, a postedición, o subtitulado, a dobraxe, a terminoloxía, a lexicografía, así como persoas do mundo empresarial interesadas en cuestións lingüísticas e comunicación internacional.