Mesa redonda: Mujeres e ciberseguridade 9 de mar. de 2022

Visto 43 veces

Mesa redonda: Mujeres e ciberseguridade

O incremento do teletraballo por mor da pandemia; o crecemento do comercio en liña; o almacenamento de datos na nube, os dispositivos conectados… Nunha sociedade cada vez máis tecnolóxica, a ciberseguridade consolídase como un sector esencial que demanda constantemente profesionais especializados. De feito, as cifras oficiais prevén que só en España se van necesitar 80.000 profesionais da ciberseguridade nos vindeiros anos, pero a presenza das mulleres segue a ser moi reducida neste eido, e as titulacións tecnolóxicas que dan acceso a esta profesión están copadas polos homes. Para visibilizar ás mulleres que si apostaron por esta profesión, o campus acolleu este mércores a Xornada 'Mulleres e ciberseguridade', unha iniciativa organizada por Ana Fernández Vilas, directora do Máster Interuniversitario en Ciberseguridade (Munics) e polo profesor do Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática e coordinador do título propio de Especialista en Ciberseguridade Industrial, José Ignacio Armesto. Nela catro expertas neste campo falaron sobre as súas motivacións e experiencias ao longo do seu percorrido profesional e analizaron as causas desta fenda de xénero e as posibles solucións.

Fonte: DUVI

Sara García Becarés
Head of Talent in Cybersecurity at INCIBE
Esther Mateo
D.G. Seguridad, Procesos e Sistemas Corporativos, ADIF
Belén Pérez
CISO en Grupo Nueva Pescanova
Susana rey
(R Cable y Telecomunicaciones Galicia & Rede Galega de Ciberseguridade)
Modera: Ana Fernández Vilas
Profesora do Departamento de Enxeñaría Telemática na Escola de Telecomunicacións - Universidade de Vigo