Oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías na industria da madeira 9 de mar. de 2022
Oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías na industria da madeira
Conferencia FINSA
O Foro Tecnolóxico de Emprego é unha iniciativa creada no ano 2001 polas delegacións de alumnos das Escolas Técnicas Superiores de Enxeñería de Telecomunicación, Industriais e Minas da Universidade de Vigo, que se uniron para traballar nun proxecto que tiña por obxectivo facilitar o achegamento laboral das empresas aos futuros titulados de corte técnico da Universidade. Xorde da necesidade de aproximarse ás empresas punteiras no sector tecnolóxico, que naquel momento atopábanse moi distanciadas, non só da Universidade, senón tamén entre elas, e pretendíase reunilas nun único marco, presentando así unha visión global das perspectivas laborais para este sector. Aínda que en principio está orientado a perfís de carácter técnico, esperamos que sexa de interese para todos os universitarios que queiran aproximarse ao mundo laboral.