Taller de Ciencia Aberta: unha visión práctica 2 de xuño de 2023

Visto 91 veces

Taller de Ciencia Aberta: unha visión práctica

Representantes de universidades de todo o Estado, dos ministerios de Universidades e de Ciencia e Innovación e da Comisión Europea déronse cita en Vigo nas I Xornadas sobre Open Science, que organizan a UVigo e CRUE Universidade Españolas.

Esta iniciativa está ligada á aposta da institución académica pola ciencia en aberto que se plasma no Plan Estratéxico 2021-2026 e se concreta na Política institucional de acceso aberto á produción científica. Coa organización deste evento a UVigo dá un paso máis e implícase nun simposio estatal no que, ao longo de dous días, diferentes especialistas achegarán os seus coñecementos e experiencia sobre un movemento, o da ciencia aberta, que ten como finalidade promover o acceso libre e gratuíto aos resultados da investigación científica e aos datos xerados por ela, para fomentar a transparencia, a colaboración e a innovación.

Fonte: DUVI

Carlos Hermenegildo
Vicerrector de Investigación, Universitat de Valencia
Lluis Anglada
Director de Área Ciencia Abierta del CSUC
Eloy Rodrígues
Director de Servicios de Documentación de la Universidade do Minho
Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Universidade de Vigo
Modera: Ignasi Labastida
Delegado del rector para la ciencia abierta, Universidad de Barcelona