Acto de lanzamento "CEAGA Talent Race" 19 de mar. de 2024

Visto 27 veces

Acto de lanzamento "CEAGA Talent Race"

Ceaga lanza na Escola de Enxeñería Industrial un proxecto piloto co que atraer talento universitario ao sector da automoción

Captar talento universitario. Esta é a idea coa que o Clúster da Automoción e Mobilidade de Galicia, Ceaga, presentou este martes na Escola de Enxeñería Industrial Talent Race, un proxecto piloto ideado para atraer talento das universidades e centros de formación profesional ás empresas deste sector. A presentación levouse a cabo no salón de actos da sede campus da escola nun acto que contou coa participación, entre outros, do xerente de Ceaga, Alberto Cominges; o director da escola, José Fariña, e o ex-director, Juan E. Pardo.

Tal e como se explicou durante o acto, a iniciativa busca conectar a industria da automoción e mobilidade co talento a través da resolución de retos mediante unha plataforma posta en marcha en colaboración con outros clústeres da automoción nacionais e financiada polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través do programa de Agrupacións Empresariais Innovadoras. A través desta plataforma, 14 empresas de Ceaga (Borgwarner, Benteler, GKN Driviline Vigo, Plastic Omnium, Denso...) presentan retos reais da industria para que as alumnas e os alumnos propoñan solucións, dándose así a coñecer no ecosistema da automoción e a mobilidade, podendo compartir espazos con profesionais, visitar empresas e acceder a diferentes oportunidades de prácticas e emprego.

Fonte: DUVI

Alberto Cominges
Xerente, CEAGA
José Fariña
Director, Escola de Enxeñería Industrial
Juan E. Pardo Froján
Director da Escola de Enxeñaría Industrial, Universidade de Vigo
Carla Jiménez Lobato
Coordinadora da Universidade Corporativa , CEAGA

Vídeos da mesma serie
Acto de lanzamento "CEAGA Talent Race"
Ceaga lanza na Escola de Enxeñería Industrial un proxecto piloto co que atraer talento universitario ao sector da automoción
19 de mar. de 2024