Introdución ás Accións Marie Sklodowska Curie (MSCA). Convocatorias 2024 25 de xuño de 2024

Visto 13 veces

Introdución ás Accións Marie Sklodowska Curie (MSCA). Convocatorias 2024

Conferencia

A Área de Proxectos Internacionais de Investigación da Oficina de Proxectos Internacionais (OPI) da UVigo organizou unha xornada informativa centrada na convocatoria Marie Sklodowska-Curie Postdoctoral Fellowships (MSCA-PF) e Doctoral Networks (DN) (Horizonte Europa), na que ao longo da mañá persoal técnico da UVigo e da Universidad de Granada e persoal investigador da UVigo debullou diferentes aspectos da citada convocatoria, que ten a finalidade da apoiar a formación e desenvolvemento profesional do persoal investigador, a través do financiamento de programas de doutoramento excelentes, proxectos postdourais individuais e proxectos colaborativos.

Fonte: DUVI

Sabela González
Directora da Área de Proxectos Internacionais de Investigación da OPI, Universidade de Vigo
Ana F. Mosquera
Técnico de Promoción de Proxectos Internacionais de Investigación da OPI, Universidade de Vigo