Benvida 25 de xuño de 2024

Visto 13 veces

Benvida

A Área de Proxectos Internacionais de Investigación da Oficina de Proxectos Internacionais (OPI) da UVigo organizou unha xornada informativa centrada na convocatoria Marie Sklodowska-Curie Postdoctoral Fellowships (MSCA-PF) e Doctoral Networks (DN) (Horizonte Europa), na que ao longo da mañá persoal técnico da UVigo e da Universidad de Granada e persoal investigador da UVigo debullou diferentes aspectos da citada convocatoria, que ten a finalidade da apoiar a formación e desenvolvemento profesional do persoal investigador, a través do financiamento de programas de doutoramento excelentes, proxectos postdourais individuais e proxectos colaborativos.

Fonte: DUVI

Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Universidade de Vigo
Sabela González
Directora da Área de Proxectos Internacionais de Investigación da OPI, Universidade de Vigo