Acto de inauguración de ParatradIT-2026-UVigo-T&P 25 de mar. de 2026
Visto 49
veces
Acto de inauguración de ParatradIT-2026-UVigo-T&P
A II edición do Congreso Internacional de Paratraducción, Interlinguas e Transmedia (ParatradIT), que se celebrará en 2026 na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, pretende ser o segundo evento científico dunha serie que, ao longo dos anos, estudará as circunstancias sociais, culturais, políticas e, sobre todo, tecnolóxicas vixentes para traducir entre linguas (interlinguas) na era das narrativas transmedia en pantalla e fóra dela.
i18n.one.Series:
ParatradIT-2026-UVigo-T&P
Óscar Ferreiro Vázquez
Profesor do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo. Investigador Senior do Grupo de Investigación T&P. Director do Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) e Promotor dos Premios ETIV-UVigo Coordinador dende 2022 do Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) -EXCELENTE MÁSTER UNIVERSITARIO DA XUNTA DE GALICIA- .
José Yuste Frías
Profesor Titular de Universidade do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo. Investigador Principal do Grupo de Investigación T&P. Coordinador do Programa Internacional de Doutoramento Tradución e Paratradución. Director do Título de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) e dos programas de Web-TV Zig-Zag, EXIT e Píldoras T&P. Coordinador de 2016 a 2022 (e actualmente Secretario) do Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) –EXCELENTE MÁSTER UNIVERSITARIO DA XUNTA DE GALICIA–.
Ramón Méndez González
Profesor do departamento de Tradución e Lingüística, director do título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) e Investigador titular do Grupo *T&*P , Universidade de Vigo
Vídeos da mesma serie
