Renovar Ourense 23 de dec. de 2016

Visto 320 veces

Renovar Ourense

O encontro que se celebrou no Edificio Politécnico do campus de Ourense tivo como padriño ao chef Pepe Solla e contou coa presentación de oito proxectos ou ideas de persoas que teñen vinculación con Ourense. Entre os participantes estivo Rubén Riós, actor, director de cine e emprendedor agroalimentario co proxecto Castañam, que engloba o gastronómico, o cultural, o turístico e o social. Tamén asistiu a Ideas for Ourense Almudena Ferro, traballadora social e monitora de tempo libre que traballa na asociación lisboeta Renovar a Mouraria.‬ Iago Novoa, arquitecto e deseñador gráfico falou pola súa banda do proxecto Vivir Vilamarín e María Selas e Patricia Sánchez, do Club Deportivo de Roller Derby de Ourense, explicaron diferentes actividades que realizan. No panel de relatores tamén estivo Modesto Corderi, que despois de vivir en oito países e de traballar na Embaixada de España en Pequín, é profesor do departamento de chino da Escola Oficial de Idiomas de Vigo. “O evento está dirixido a todos aqueles que se sintan emprendedores, que queiran achegar ideas ou coñecer as que outros están desenvolvendo ou propoñen, sen limitacións de ningún tipo”, explica Xosé Rodríguez, coordinador de Ideas for Ourense nesta terceira edición.

i18n.one.Series: Ideas for Ourense
Presenta: Xose Rodríguez Blanco
Ideas for Ourense
Almudena Ferro
Técnica de apoio social, Asociación Renovar a Mouraría
Organiza: Xose Rodríguez Blanco
Ideas for Ourense
Organiza: Ero Vázquez
Ideas for Ourense
Organiza: Josué Nanín Calvo
Ideas for Ourense
Organiza: Paula Mozo Pereira
Ideas for Ourense

Vídeos da mesma serie