Ritos culturais andaluces 5 de maio de 2016
Ritos culturais andaluces
Entre a proxección comunicativa e a imaxe
Nun sentido amplo do termo, o protocolo é o conxunto de normas, usos sociais e costumes que determinan a celebración de calquera acto e, polo tanto, un axente dinamizador dunha sociedade globalizada, “onde ten un papel determinante para fomentar a convivencia” xa que constitúe a “porta de entrada” para coñecer e comprender outras culturas. Deste xeito puxo de relevo a catedrática da UNED, Dolores Sánchez, a importancia crecente desta disciplina no mundo actual na conferencia inaugural do XVI Curso Complemetario de Comunicación e Protocolo-V Xornadas Internacionais de Comunicación Institucional e Imaxe Pública, que nas hoxe mércores e mañá xoves reúne a unha vintena de expertos e académicos e a máis de 180 alumnos e alumnas na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.