Non son home nin muller, senón todo o contrario: sociedades de xéneros múltiples. 25 de nov. de 2015

Visto 958 veces

Non son home nin muller, senón todo o contrario: sociedades de xéneros múltiples.

Na cultura occidental o habitual é falar de dous xéneros, o masculino e o feminino. Pero esa “realidade” non é tal senón unha construción social. Noutras comunidades os xéneros son tres, son cinco ou mesmo sete. Os días 25 e 26 de novembro, o campus de Ourense acollerá as xornadas Xénero, masculinidades e transculturalidade. É a sexualidade unha ideoloxía?. Nelas afondarase na cuestión de xénero desde un punto de vista antropolóxico e etnográfico deténdose especialmente a analizar a construción da identidade masculina na sociedade española actual.

Presenta: Águeda Gómez Suárez
Directora da Unidade de Igualdade, Universidade de Vigo.
Jose Antonio Nieto
Catedrático emérito de Antropoloxía da Sexualidade, UNED