Licenzas Creativas 16 de out. de 2013
Licenzas Creativas
Conferencia
Son moitas as preguntas que xorden á hora de traballar con software libre e descartar o uso de licencias privativas. Cal é a mellor licenza libre? Cales son os dereitos do autor cando se optan polas licencias libres? Como aplicar a licenza ao código propio? A moitas delas respondeuse este mércores nunha xornada organizada pola Oficina de Software Libre do Consorcio para o desenvolvemento de aplicación para a xestión universitaria, Cixug. Expertos das universidades de Granada, Complutense de Madrid e Santiago de Compostela afondaron en diversos aspectos do traballo con licencias libres co obxectivo de botar luz sobre moitas das dúbidas dos usuarios. E é que fronte á Lei de Propiedade Intelectual, que recolle os diversos tipos de protección, existe un importante movemento que opta por licencias libres e por compartir as súas creacións.