Firma do Convenio 11 de mar. de 2009

Visto 8764 veces

Firma do Convenio

Acto de sinatura do convenio de adscrición da Escola Naval Militar de Marín á universidade viguesa, asinado polo reitor, Alberto Gago e a titular de Defensa, Carme Chacón. Grazas ao acordo a partires do 2010 os alumnos do recentemente constituído Centro Universitario da Defensa, ubicado en Marín, recibirán ademais da formación militar, a titulación de grao en Enxeñaría Industrial, na rama de mecánica. Xunto aos novos títulos de grao, na Escola Naval poderanse cursar estudos de posgrao, másteres e doutoramento, co cal se converterá tamén nun centro de investigación no ámbito da seguridade e da defensa.

Alberto Gago Rodríguez
Rector, Universidade de Vigo
Carme Chacón
Ministra de Defensa

Vídeos da mesma serie