"Debemos empregar o deporte para gañar destrezas e valores como o compromiso, o compañeirismo, a integración, a igualdade ou o traballo en equipo" 14 de set. de 2018

Visto 25 veces

"Debemos empregar o deporte para gañar destrezas e valores como o compromiso, o compañeirismo, a integración, a igualdade ou o traballo en equipo"

Con nova directiva e novo adestrador, cheos de ilusión e fieis á súa aposta pola canteira viguesa do rugby. Así arranca a nova tempada o Kaleido Universidade de Vigo, un equipo que este ano celebrará o seu 30 aniversario e que a nivel deportivo busca consolidarse na División de Honra B para poder fixar novas metas de ascenso en seguintes tempadas, “nas que os novos valores da canteira acaparen o protagonismo numérico e da calidade do equipo senior”, tal e como recalcaron desde o equipo.

Reitor, Universidade de Vigo
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Universidade de Vigo