"Aposta universitaria por un deporte limpo, no que a competición é dura e intensa pero no que, ao tempo, sempre se mantén o respecto e o agarimo polo rival” 14/09/2018

Visto 12 veces

"Aposta universitaria por un deporte limpo, no que a competición é dura e intensa pero no que, ao tempo, sempre se mantén o respecto e o agarimo polo rival”

Con nova directiva e novo adestrador, cheos de ilusión e fieis á súa aposta pola canteira viguesa do rugby. Así arranca a nova tempada o Kaleido Universidade de Vigo, un equipo que este ano celebrará o seu 30 aniversario e que a nivel deportivo busca consolidarse na División de Honra B para poder fixar novas metas de ascenso en seguintes tempadas, “nas que os novos valores da canteira acaparen o protagonismo numérico e da calidade do equipo senior”, tal e como recalcaron desde o equipo.

Reitor, Universidade de Vigo