Intervención de África González, directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) 28 de set. de 2018

Visto 56 veces

Intervención de África González, directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO)

Co obxectivo de que a cidadanía poida descubrir, nalgúns casos, a existencia, e noutros, a actividade que realizan os centros de investigación da institución académica, atlanTTic, CIM e Cinbio, desenvolverán un programa de actividades que permitirán ás e os participantes descubrir “a investigación que se fai na Universidade e que o coñecemento que obtemos é útil para o benestar da sociedade”, explicou Belén Rubio, vicerreitora de Investigación na presentación das xornadas de divulgación científica e tecnolóxica. De balde e previa inscrición, calquera persoa, tanto adultos como nenas e nenos, poderán participar neste programa de actividades que está financiado pola Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia a través do Programa de Axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema Universitario de Galicia cofinanciada polo FEDER, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Universidade de Vigo
África González
Directora del Centro De Investigaciones Biomédicas (CINBIO), Universidade de Vigo