Presentation of Tiago Repolho 22 de xan. de 2019

Visto 51 veces

Presentation of Tiago Repolho

O programa “Café con Sal“ é un ciclo de conferencias abertas sobre diversos temas de investigación mariña que a ECIMAT ven desenvolvendo dende o ano 2011. O principal obxectivo é o de ofrecer un punto de encontro entre investigadores, alumnos e profesionais do sector do mar co fin de compartir coñecementos, xerar debates e novas ideas que sirvan de xerme de posibles colaboracións. Este programa pretende ademais contribuír á difusión da investigación mariña realizada na Universidade de Vigo e no resto de centros de investigación da nosa área.

As conferencias teñen lugar no salón de actos da ECIMAT o primer e tercer martes de cada mes e a IX edición constará de 16 ponencias distribuídas ao longo do ano 2019

Presenta: Alba Hernández Otero
Personal técnico, CIM Centro de Investigación Mariña
Tiago Repolho
Marine and Environmental Sciences Centre, Universidade de Lisboa

Vídeos da mesma serie
Mussel Beds: Much more than seafood
Conferencia
23 de abr. de 2019