Día Mundial das Persoas Refuxiadas 20 de xuño de 2019

Visto 51 veces

Día Mundial das Persoas Refuxiadas

Nos últimos anos máis de 70 millóns de persoas abandonaron os seus fogares para salvar a vida.

Con motivo do Día Mundial dos Refuxiados queremos lembrar unha realidade vivida por moitas persoas que, por diferentes motivos, se viron obrigadas a abandonar os seus fogares e buscar unha vida máis segura noutro país.

O coordinador de ACCEM en Vigo, Daniel Bóveda; o director da Área de Responsabilidade Social e Cooperación da Universidade de Vigo, Xosé Mª Mahou; e Siham Elaichi, voluntaria e estudante da mesma universidade, relatan a súa visión do tema, poñendo en valor a importancia da solidariedade e da investigación social, ademais de reafirmar o compromiso da Universidade cos dereitos humanos.


Vídeos da mesma serie
Día Mundial das Persoas Refuxiadas
Nos últimos anos máis de 70 millóns de persoas abandonaron os seus fogares para salvar a vida.
20 de xuño de 2019