Intervención de Camilo Isaac Ocampo, padriño honorífico da promoción 22 de xuño de 2019

Visto 36 veces

Intervención de Camilo Isaac Ocampo, padriño honorífico da promoción

O Auditorio Municipal de Ourense foi o escenario do acto de graduación de dúas novas promocións da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense. 112 estudantes de Educación Social e Traballo Social celebraron con familiares, amigos e membros da comunidade universitaria o remate con éxito da súa formación superior.

María Isabel Doval, vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación da Universidade de Vigo, e Mar García, decana da Facultade de Ciencias da Educación, acompañaron, entre outras autoridades, ás novas promocións na súa celebración.

Os actos de graduación foron os das VII promocións do Grao en Educación Social, formada por 59 persoas, e do Grao en Traballo Social, composto por 53 estudantes. Os padriños e madriñas foron as e os profesores do centro María Martínez, Esther Pérez e Xosé Manuel Cid. “Co voso traballo participaredes na creación dunha sociedade máis cohesionada, participativa e integradora mellorando as competencias, estratexias e recursos das persoas para desenvolverse plenamente e integrarse socialmente, conseguindo deste xeito unha vida digna”, recalcoulles aos novos titulado e tituladas Mar García. A decana subliñoulles como na nova etapa que se abre para estes egresados e egresadas, "a Facultade de Ciencias da Educación é a vosa casa, sempre seredes benvidos. As súas portas están abertas e podedes contar con nós para apoiarvos como profesionais, para seguir ofrecéndovos formación continua e actualizada, pero tamén para compartir as vosas experiencias".

Vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade, Universidade de Vigo
Camilo Isaac Ocampo
Profesor Titular, Universidade de Vigo