Intervención de Carlos López Font 10 de dec. de 2019

Visto 12 veces

Intervención de Carlos López Font

O salón de graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolle o coloquio Gobernos locais para retos globais: experiencias aplicadas de xestión pública local, dirixido a abordar como os novos gobernos locais do século XXI afrontan os retos que teñen por diante nun novo escenario global con responsables de diferentes administracións.

Promovida polos profesores do grao en Dirección e Xestión Pública Paula Lamoso e Álvaro Xosé López Mira e aberta a toda a cidadanía, esta actividade contará coas intervencións da tenente de alcalde e concelleira de Promoción da Cidade, Réxime Interior e Contratación do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías; o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela; o deputado de Réxime Interior, Economía, Facenda e Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, e a concelleira de promoción Económica, Emprego e Xuventude do Concello de Vilagarcía de Arousa, Alba Briones.

Carlos López Font
Diputado Provincial