PREGUNTAS_1.mp4 22 de set. de 2021

Visto 70 veces

PREGUNTAS_1.mp4

A experta amosou a gran complexidade que rodea a cuestión eléctrica, “incluso para as persoas que levamos certo tempo estudándoa”, tal e como subliñou o profesor Fidel Castro que, xunto co vicerreitor de Economía, José María Martín Moreno, foron os encargados de presentala.

A preocupación pola escalada de prezos do mercado enerxético en España, que non deixa de marcar novos récords, marcou o punto de arranque da súa intervención. “Hoxe estamos a pagar 175 euros o MWh, 75 millóns de euros máis do que estaríamos a pagar se o prezo seguise correspondendo á media de prezos do período 2012-2020”, salientou a experta, quen, de cara a facer visible a magnitude do problema, trasladou esta cifra, dun único día, ao total anual, acadando a “astronómica cifra” de máis de 28.000 millóns de euros que se estarían a pagar de máis fronte ao que se viña pagando en anos anteriores. En base a estes datos non dubidou en referirse a todas estas cuestións como “un problema moi importante”, que pode ter repercusións moi relevantes, tanto na economía como en todo o proceso de recuperación.

Natalia Fabra
Catedrática no Departamento de Economía, Universidad Carlos III de Madrid
Modera: Fidel Castro Rodríguez
Profesor do departamento de Economía Analítica, Universidade de Vigo
Modera: José María Martín Moreno
Vicerreitor de Economía, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie