Quenda de preguntas. Presentación do proxecto 'En Compañía', Acompañamento terapéutico intelixente a persoas con demencia 8 de nov. de 2021
Quenda de preguntas. Presentación do proxecto 'En Compañía', Acompañamento terapéutico intelixente a persoas con demencia
A Organización Mundial da Saúde (OMS) prevé que o número de persoas con demencia acade en todo o mundo os 82 millóns en 2030, chegando aos 152 millóns en 2050. Este síndrome, xeralmente de natureza crónica ou progresiva, caracterizado polo deterioro da función cognitiva, e que pode afectar á memoria, pensamento, orientación, comprensión, cálculo, linguaxe ou capacidade de aprendizaxe, é unha das principais causas de discapacidade e dependencia entre as persoas maiores. No ano 2015, o Grupo de Tecnoloxías da Información (GTI) do centro atlanTTic da Universidade de Vigo remataba o proxecto Táctica, no que amosaba os seus activos de procesado de linguaxe natural con casos de uso de teleasistencia, unha experiencia que seis anos despois e, desta volta, coa colaboración da Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer y otras demencias de Galicia (Afaga) e o financiamento da Fundación La Caixa, permitiu alumear o proxecto En Compañía, Acompañamento terapéutico intelixente a persoas con demencia.
Fonte: DUVI