O bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades: unha ponte ao Grao en Dirección e Xestión Pública 27 de abr. de 2022

Visto 58 veces

O bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades: unha ponte ao Grao en Dirección e Xestión Pública

O obxectivo desta Xornada de orientación consiste en presentar tanto a nova Facultade de Dirección e Xestión Publica (Campus de Pontevedra) como, en particular, os aspectos relevantes do Grao en Dirección e Xestión Pública. Examina as materias, o número de créditos, programas de intercambio (Erasmus), saídas profesionais ou prezo da matrícula. Principalmente, os seus destinatarios son os estudantes de Bacharelato de Ciencias sociais e Humanidades que demandan información acerca da alternativas formativas que ofrece o Sistema Universitario de Galicia.

Enrique Varela
Decano comisario da Facultade de Dirección e Xestión Pública, Universidade de Vigo
Celso Cancela Outeda
Decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Universidade de Vigo
Óscar Briones Gamarra
Profesor de Ciencia política e da administración, Universidade de Vigo