Azra 7 de nov. de 2022

Visto 4 veces

Azra

Conferencia

Polas elevadas cifras de facturación desta industria e pola súa capacidade para xerar emprego e oportunidades de negocio, o sector dos videoxogos contou nos últimos anos cun espazo propio na programación do Pont-Up Store, o encontro do emprendemento que a Universidade de Vigo promove desde hai nove anos en Pontevedra. No obxectivo da súa organización de pór en marcha iniciativas ao longo de todo ano, fóra dos propios días do evento, nacen as Xornadas de Videoxogos e Emprendemento, que arrancan na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación cun “ciclo de postmortem”, unha serie de encontros con profesionais do sector dirixidos a coñecer os erros e acertos que se suceden ao longo do proceso de creación dun xogo.

Presenta: Beatriz Legerén Lago
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Universidade de Vigo
Jorge Fernández Meneses
Deseñador de videoxogos. Team Panda
Sara Martínez Narváez
Deseñadora de videoxogos. Team Panda

Vídeos da mesma serie
Apertura da xornada
7 de nov. de 2022
Avoo
Conferencia
7 de nov. de 2022
Azra
Conferencia
7 de nov. de 2022
Intruder in Antioquia
Conferencia
8 de nov. de 2022
Abyssals - Godstrike
Conferencia
8 de nov. de 2022