V Edición dos Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga da Universidade de Vigo 22 de mar. de 2023
V Edición dos Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga da Universidade de Vigo
Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial da Auga
Coincidindo coa celebración do Día Mundial da Auga, este mércores tivo lugar a celebración do acto de entrega dos V Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga, convocados anualmente pola Vicerreitoría do campus de Ourense no marco do seu proxecto de especialización arredor dos recursos hídricos. Nesta ocasión, foron cinco as propostas galardoadas e realizadas por persoal docente e investigador e alumnado da Universidade de Vigo: unha tese de doutoramento, un traballo fin de grao, dous artigos científicos e unha acción divulgativa.
Estes galardóns están dotados en total con 3600 euros por Viaqua no marco do convenio de colaboración existente entre esta empresa e a Universidade de Vigo. O seu obxectivo é potenciar o Campus Auga distinguindo accións destacadas no ámbito da investigación, a transferencia e a divulgación que contribúan a situar e consolidar o campus de Ourense como un referente internacional en temáticas relacionadas coa auga.