V Edición dos Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga da Universidade de Vigo 22 de mar. de 2023

Visto 38 veces

V Edición dos Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga da Universidade de Vigo

Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial da Auga

Coincidindo coa celebración do Día Mundial da Auga, este mércores tivo lugar a celebración do acto de entrega dos V Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga, convocados anualmente pola Vicerreitoría do campus de Ourense no marco do seu proxecto de especialización arredor dos recursos hídricos. Nesta ocasión, foron cinco as propostas galardoadas e realizadas por persoal docente e investigador e alumnado da Universidade de Vigo: unha tese de doutoramento, un traballo fin de grao, dous artigos científicos e unha acción divulgativa.

Estes galardóns están dotados en total con 3600 euros por Viaqua no marco do convenio de colaboración existente entre esta empresa e a Universidade de Vigo. O seu obxectivo é potenciar o Campus Auga distinguindo accións destacadas no ámbito da investigación, a transferencia e a divulgación que contribúan a situar e consolidar o campus de Ourense como un referente internacional en temáticas relacionadas coa auga.

Presenta: Roberto Ignacio Fernández López
Director do Campus Auga, Universidade de Vigo
Vicerreitora do Campus de Ourense, Universidade de Vigo
César Fernández Gil
Vicepresidente, Deputación de Ourense
Gabriel Alén Castro
Delegado territorial en Ourense, Xunta de Galicia
Emilio González Alonso
Subdelegado de goberno en Ourense
Iván Vicente García
Director, Viaqua
Carlos Guillermo Ruiz
Xefe da Oficina de Planificación Hidrolóxica, Confederación Hidrográfica Miño-Sil
Reitor, Universidade de Vigo
Equipo técnico Diego de Coo
Técnico de produción audiovisual, Uvigo TV
Equipo técnico Ivan Pretel
Técnico AV, UVigoTV


Vídeos da mesma serie